La Región

AULAS ABERTAS

Escolares expertos no coidado da auga

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil presenta a iniciativa "Me gusta mi río. Enséñame a cuidarlo", dirixida, en Ourense, aos escolares do CEIP Virxe de Covadonga, para que aprendan a coidar a auga e o seu entorno

Escolares do CEIP Virxe de Covadonga serán os  protagonistas esta semana  do programa Xornal Escolar de Telemiño.
Escolares do CEIP Virxe de Covadonga serán os protagonistas esta semana do programa Xornal Escolar de Telemiño.
Escolares expertos no coidado da auga

Iste sábado, o programa Xornal Escolar que dirixe Conchi Pérez, centrará a súa temática na auga. Mañá conmemórase o Día da Auga e, ademais das habituais accións que leva a cabo Viaqua e que cada semana podemos ver na sección AugaEscolar, o programa educativo de Telemiño contará co participación de Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; e co biólogo e experto en educación medioambiental, Ángel Lorenzo. Acompañandoos no programa estará un grupo de escolares do CEIP Virxe de Covadonga que este curso están a participar na proposta educativa da confederación. Baixo o lema “Me gusta mi río. Enséñame a cuidarlo” os escolares están a participar nunha serie de actividades e saídas coas que se pretende que os máis cativos se conciencen do uso responsable da auga e como indica Francisco Marín, “se coñecen algo, aprenden a coidalo” e este é o obxectivo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que está a traballar cos escolares na contorna do río Barbantiño.

Iste programa, que comezou en outubro e se pronlonga ata final de curso, conta con varias saídas en distintas etapas do ano para coñecer o ecosistema vinculado ao río e todos os cambios que experiementa nas distintas estacións do ano. O biólogo Ángel Lorenzo acompaña aos escolares en cada saída e é o encargado de brindarlle amenas charlas e aportarlle datos interesantes que os escolares apuntan no seu caderno de campo. Ademais, todas estas saídas e investigacións máis profundas se poden consultar na web de ambiencia.com. Así en outubro coñeceron a variadade de especies macroinvertebrados que habitan na contorna do río Barbantiño, puxeron caixa-nidos e realizaron análises da auga. Mañá, coincidindo coa conmemoración do Día da Auga acudirán de novo ao río Barbantiño e coñecerán a historia dos muíños e aspectos sociais vinculados a estas construccións.

Os escolares do CEIP Virxe de Covagonga son uns privilexiados á hora de poder participar nesta interesante iniciativa da que aseguran estar aprendendo moito e ao mesmo tempo están a aprender a facer un uso dun ben tan prezado como é a agua, un recurso que non é ilimitado polo que é fundamental concienciarse da súa importancia. Os nenos e nenas de Covadonga están a convertirse así en verdadeiros expertos na auga.