O CONCURSO EN TELEMIÑO

Escolares moi activos no plató

Os escolares do colexio Carlos Casares compartiron unha estupenda mañá participando nun programa de televisión, onde presentaron as múltiples actividades que realizan no seu colexio

Emocionados, divertidos, ledos e moi moi activos. Así se presentaron os escolares do colexio Carlos Casares de Xinzo de Limia para participar no programa Xornal Escolar de Telemiño, presentado por Conchi Pérez. Para esta tarefa tan divertida, Conchi contou coa colaboración de Celia, Marietta e Brais que se encargaron de formularlle unha serie de preguntas á concursante e de exercer de co presentadores. A convidada e concursante nesta ocasión foi a profesora de AL e secretaria do colexio Ana Pérez. Ana pasouno en grande e respostou a todas as preguntas que lle formularon os seus alumnos. No plató, un nutrido grupo de e escolares encheron o recinto e acudiron acompañados pola mascota da biblioteca "Patacontos" que estivo do máis divertido e activo durante todo o programa. A festa estivo asegurada no plató dende o primer minuto do xa que aos nenos e nenas do Carlos Casares encántalle falar e participar en todo o que lles propoñen. A cita foi un éxito e a bo seguro repetirán de novo o vindeiro curso.

Antes de formularlle unha serie de preguntas á profesora convidada, visionaron dende o plató un video de presentación do centro que prepararon días antes para dar a coñecer mellor o seu colexio e as múltiples actividades que realizan cada curso. Durante o video tamén se deixaron ver unha serie de talentos cos que contan no centro que amosaron as súas habilidades. Tras ver o video quedounos claro que o CEIP Carlos Casares é un centro de ensino moi dinámico onde os nenos aprenden ao tempo que se divirte xa que as actividades teñen todas un marcado carácter práctico.
Ana Pérez respostou encantada a todas as preguntas que lle formularon sobre cultura xeral, sobre o propio colexio e tamén se atreveu coas máis persoais. Tamén participou nunha serie de adiviñanzas e acertou a maioría delas gracias ás pistas que lle brindaron os alumnos nuns videos que preparan previamente.

ROUND 1   CULTURA XERAL   
Por que ao río Limia se lle chamou o río do Esquecemento?
Esto estudiámolo no cole. Había un xeneral que se chamaba Junio Bruto que chegou coa súa tropa ao río limia e os integrantes da tropa se negaron a cruzar o río xa que unha lenda dicía que o que cruzaba o río ao chegar ao outro lado olvidábanse de todas as súas lembranzas. De ahí o nome de río do Esquecemento.

ROUND 2   O COLEXIO

Por que se chama o noso colexio Carlos Casares?
No ano 2011 decidiuse cambiar o nome do centro e chamalo Carlos Casares na honra do escritor nado no municipio de Xinzo de Limia. Entre as múltiples obras que escribiu destacaron contos infantís que podemos atopar no noso colexio.

Todos os nenos e nenas do colexio traballamos nun proxecto común, sabería dicirnos como se chama e en que consiste?
Creo que se chama "Alimentate ben". Trátase dun proxecto no que estamos a traballar con todos os alumnos e alumnas do centro e ten como finalidade incentivar aos escolares para que coman de mellor gana o peixe ou a froita. Trátase dunha gran iniciativa da que xa se están a ver os seus froitos.
Por que temos a Patacontos como mascota da nosa biblioteca?

Patacontos é a mascota da biblioteca xa que a pataca é o producto estrela de Xinzo de Limia e que mellor que unha pataca para ser a nosa mascota.

ROUND 3  A PERSOA   
Les a prensa regularmente? de ser así, que prefires, a prensa dixital ou escoller mellor o papel?
Procuro ler todos os días a prensa. Hai días que, por comodidade ou porque é máis doado, leo a prensa dixital. Noutras ocasións collo o periódico e infórmome así de todo o que acontece. 
Cando eras pequenas e ías ao cole, tiñas un horto escolar como o que temos no noso centro?
Eu estudiei no Canadá e alí facía moito frío. Por eso no podiamos ter un horto tan bonito como o que temos no noso colexio xa que se conxelaba todo. Foi unha magoa.

Sabes que os nenos e nenas elaboramos moitas recetas, cal é a túa preferida de todas as que fixemos?
A verdade é que me gustaron todas moitísimo, non podería decir soamente unha xa que estaban todas deliciosas. Probei unhas estupendas galletas con forma de dinosaurio, pastas, minipizzas... Quédome con todas que estaban deliciosas.

Tras as preguntas e antes de despedir o programa, os escolares de Vilariño de Conso demostraron ter moito talento e aproveitaron para despedir o Xornal Escolar cunha canción cantada e composta por eles mesmos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma