CONCURSO DE NADAL

Éxito de participación na primeira edición do Buzón Real

Os participantes tiñan que enviar as fotografías dos seus buzóns e o resultado foron magníficos traballos que saíran publicados a vindeira semana no Xornal Escolar

La Región organizou a primeira edición do Concurso Buzón Real, dirixido aos centros de ensino, pais, profesores e Anpas. Os participantes tiñan que enviar as fotografías dos seus buzóns e o resultado foron magníficos traballos que saíran publicados a vindeira semana no Xornal Escolar. Ademais, todos os gañadores poderán velos ubicados en diferentes puntos da cidade de Ourense para recoller as cartas de todos os cativos. 


Os participantes nesta edición do concurso foron o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, CEIP San Salvador de Arnoia, CRA Amencer (Sampaio), CEIP Carlos Casares, CEIP Padre Crespo, CEIP Castrelo de Miño, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora "Franciscanas", o Colexio público A Ponte, o Colexio María Auxiliadora "Salesianos", o Colexio Luis Vives e o Colexio Carmelitas. 


Todos eles presentaron uns magníficos traballos, cheos de colorido e do máis orixinais. O traballo do xurado foi moi difícil, pero xa se coñecen os gañadores que se poden ver na páxina 9 deste mesmo suplemento.


A todos eles, dende o Xornal Escolar queremos darlles a noraboa e desexarlles un moi feliz Nadal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma