XORNAL ESCOLAR

Expresando emocións

20170202144349614_result
photo_camera A gran familia de Trascos ao inicio do taller de Habilidades Sociais.

A Asociación de Familias de Persoas con Trastorno da Comunicaciòn Social (Trascos) leva catro anos traballando no taller de desenvolvemento das habilidades sociais e comunicación social

As habilidades sociais son un conxunto de capacidades que permiten desenvolver un repertorio de accións e condutas para relacionarse cos demais. Xa è sabido que as persoas con Trastorno do Espectro Autista (Tea), presentan formas diferentes para establecer procesos perceptivos de codificación cognitiva, e máis, cando se relaciona cun sentimento ou emociòn. Por este motivo, dende a Asociación de Familias de Persoas con Trastorno da Comunicaciòn Social (Trascos), levan catro anos traballando, no taller de desenvolvemento das habilidades sociais e comunicación social mediante unha metodoloxía basada na aprendizaxe activa, construtivista e cooperativa para interiorizar e exteriorizar condutas nas distintas situacións simuladas e reais mediante a interación social.

Neste taller trabállase con situacións de role playing e situacións vividas cos diferentes compañeiros que desenvolven a comunicación social, das que se citan, entre outras, a expresión das emocións propias e alleas, a empatía, o contacto interactivo ocular e o contacto físico social con materiais especìficos que elaboran para cada actividade. Os protagonistas de cada dinámica sempre son os alumnos/as ou personaxes q son do seu interese, un traballo complexo que precisa de repetición e sistematización para facilitar a súa calidade de vida e as das súas familias.

Asemade, en Trascos lévanse a cabo diferentes áreas de intervención semanal, de xeito individual e en pequeno grupo: 1. Intervención logopédica específica, 2. Intervención na área de construción gestáltica dos estímulos percibidos illadamente, 3. Intervención nos preocesos cognitivos e cognoscitivos, 4. Intervención conductual específica. Coa Escola de pais, a atenciòn familiar e escolar conséguese q as aprendizaxes se contextualicen en todos os niveis (individual, familiar, escolar e social). Deste xeito, o conxunto das áreas que conforman o desenvolvemento humano (cognición- emoción- conduta) intégranse na procura de facilitar a mellora global dos nenos e nenas con Tea desta Asociación.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma