ceip condesa de fenosa

Unha formación persoal e social

OURENSE. 05.04.2017 O BARCO, COLEGIO CONDE FENOSA, REPORTAJE XORNAL ESCOLAR. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera No horto aromático cultivan plantas para secar e facer infusión, tal como herba luisa, melisa, té ou menta. Outras plantas como o perixel ou o tomiño as usan como condimento na cociña, e outras de ambientadores naturais, como a lavanda.

o CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras é todo un referente á hora de apostar por unha formación integral do alumnado. A participación activa de toda a comunidade educativa é fundamental

O CEIP Plurilingüe “Condesa de Fenosa” é un centro público que pretende ofrecer unha educación de calidade para todo o alumnado. Perseguindo este obxectivo, fomenta unha educación integral: un ensino en igualdade e equidade, que tenta dar resposta á diversidade do alumnado;  unha educación inserida  no seu contexto, que busca a pluralidade lingüística e cultural;  un ensino no que as tecnoloxías da información e comunicación forman parte da escola, co que eso implica na práctica pedagóxica e organizativa do centro; un colexio que alenta as relacións baseadas na cultura de paz, no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, potenciando ferramentas positivas de convivencia e que incentiva a participación activa de toda a comunidade educativa.

UN LUGAR ÚNICO E ESPECIAL
Son moitas e moi variadas as actividades que se realizan neste colexio de O Barco de Valdeorras, pero nesta ocasión queren salientar aquelas que levan a cabo nos diferentes cursos para que o alumnado adquira as competencias necesarias para a súa formación persoal e social. 

A primeira hora da mañá, cando chegan ao colexio, relaxados e despexados é o momento ideal para despertar as ganas de aprender e engancharse á lectura. Len o que lles gusta. O segredo está no Plan de Lectura:  "A lectura silenciosa sostida”. A biblioteca é para a comunidade educativa “o corazón do colexio”, un lugar de encontro, xogo, aprendizaxe e convivencia. 
As novas tecnoloxías son imprescindibles na procura de información. A aprendizaxe basada en proxectos fainos sentir capaces de aprender a partir do que teñen máis cercano. Cada proxecto remata cunha exposición ante o público. Os maiores do cole xa traballan cada un de xeito independente e autónomo cos seus "ultraportátiles", preparándose aos poucos para a sociedade tecnolóxica.

O recreo é o mellor momento. Ademáis de repoñer forzas e xogar no patio ou no pavillón, teñen moita movida:  patrullas verdes,  inspectores medioambientais, dous hortos, nun deles cultivan plantas aromáticas para secar e facer infusións como a herba luisa, a melisa ou té.

Educación vial, con bicis e cars; actividadades na "casiña", onde está Natacha a orientadora e onde comparten talleres de relaxación e de estimulación sensorial; ou a cociña, onde Pili e o seu equipo elaboran deliciosos menús cada día e de cando en vez os escolares acuden para participar en talleres de cociña, son outros dos aspectos salientables deste colexio, que o converten nun lugar especial e único.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar