A nova sede está ubicada na rúa Pena Trevinca, 32, baixo.
El pasado viernes, 21 de abril, el Grupo Scout Ilex celebrou o acto de inauguración da súa primeira sede na cidade. Asistiron o alcalde de Ourense, Jesús Váquez; a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Sofía Godoy; e o presidente de ASDE-Scouts de Galicia, Adrián Pernas; e de representantes doutros grupos scout de Galicia.
Trátase dun espazo aberto á cidade, cuxa consecución supón a consolidación da actividade educativa da Asociación en Ourense.
A nova sede está ubicada na rúa Pena Trevinca, 32, baixo. Alí se citaron tamén os rapaces do Grupo, así como as súas familias, e os monitores e monitoras que desenvolven as actividades. Foi unha celebración moi divertida, na que compartiron diversas actividades cos asistente.
Este espazo é un lugar aberto á cidade, no que se desenvolverán actividades todo os sábados de 16.30 a 19.30h para rapazas e rapaces de entre 8 e 14 anos. O Grupo Scout Ilex 695 somos unha asociación que traballa dende a educación non formal para construír, cada día, un mundo mellor, máis xusto e solidario.