O meu cole chámase...

Guillelme Brown

Dende Inglaterra 

xornalescolar_1801_guillelme_03

Richmal Crompton é o nome dunha escritora inglesa nacida na cidade de Lancashire en 1890. A súa especialidade foron os libros infantís e as narracións de terror. Filla dun reverendo anglicano, tivo formación literaria e artística e, durante a súa vida, loitou polos dereitos das mulleres participando no movemento sufraxista. Foi profesora ata que enfermou en 1923 e, a partir de aí, adicouse de cheo á escritura. O seu personaxe máis famoso foi Guillermo Brown (William Brown no orixinal), un neno literario que protagonizou numerosas aventuras e trasnadas.

Exemplo de inconformismo

xornalescolar_1801_guillelme_01

As aventuras de Guillermo Brown contaban a vida dun pequeno que se metía en líos debido á sua personalidade rebelde e inconformisa. Por iso, serviulles de inspiración os promotores dun colexio en Ourense que decidiu renderlle homenaxe chamándolle ó centro Guillelme Brown. Segundo explican dende o propio colexio do Pereiro de Aguiar, xunto cos seus amigos, “Los proscritos”, “poñen a proba os límites da sociedade e a clase media na que viven, con resultados caóticos e divertidos, sempre con diferentes opinión sobre a educación e a conduta dos adultos”.

35 anos de vida

xornalescolar_1801_guillelme_02

Foi coa inspiración de Guillelme Brown coa que “un grupo de oito soñadores se reuniron para formular un novo modelo de centro educativo na provincia de Ourense que traspasase os tradicionais muros do sistema educativo maioritariamente implantado, de carácter memorístico e maxistral, alá polo ano 1986”. Un ano despois facíase realidade un centro que, 35 anos despois traballa “na procura dunha pedagoxía anovadora, aberta, participativa e experimental, adoptaron a fórmula de cooperativa de ensino para darlle forma” a este proxecto.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma