O meu cole chámase...

Lauro Olmo

Do Barco a Madrid

O Barco de Valdeorras foi o lugar que o viu nacer en novembro de 1922- Lauro Olmo, considerado como un dos maiores dramaturgos do realismo social durante a dictadura franquista, tivo que marchar para Madrid sendo moi pequeno e foi na capital española onde desenvolveu toda a súa traxectoria laboral, literaria e persoal. Alí faleceu en 1994.

Olmo foi poeta, novelista e escritor de narracións e contos. Xunto á súa compañeira Pilar Enciso, directora de teatro e autora, escribiu varias obras dirixidas ó público infantil.

Activismo social 

xornal1910_lauro_olmo_001

Durante toda a dictadura, Lauro Olmo estivo moi comprometido coas causas sociais e os avances progresistas , facéndose moi coñecido nos círculos políticos e activistas da época. Unha delas foi a protestas que mantivo contra os deshaucios nos anos 70, un tema sobre o que escribiu poemas e coplas. 

En canto á súa producción literaria, en 1962 estreou “La camis”; unha das máis recoñecidas e na que reflicte o drama da emigración. “La pechuga de la sardina”, “Golfos de bien” ou “Los leons” son outros dos seus títulos salientados.

Lembranza na súa terra

xornal1910_lauro_olmo_003

Adaptacións teatrais e traducción a numerosas linguas avalan o éxito que Lauro Olmo tivo como escritor durante toda a súa vida. Numerosos foron tamén os premios que acadou durante toda a súa traxectoria. 

No Barco de Valdeorras continúa a ser unha figura moi lembrada. Os veciños percorren cada día a rúa que leva o seu nome. Os alumnos de Educación Secundaria e Bacharelato acoden durante o curso ó instituto co que o lembran. E boa parte da programación cultural da vila ten como epicentro o teatro adicado ó autor, co que lembran a súa prolífica carreira como dramaturgo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar