Barco Pirata, Cabinas Deportivas, Touro Mecánico, Tobogáns, Minigolf, Pesca de Patos, Obradoiros e Inchables Interactivo foron algunhas das actividades que compartiron os centos de asistentes a esta festa que foi totalmente de balde
Tres puntos de referencia, a Praza Alcatruz, a Praza Benigno Álvarez e a Praza das Toldas, e múltiples atraccións convertiron hai uns días a Maceda no espazo preferido polos cativos e cativos de todo o municipio e das zonas próximas para pasar unha divertidísima mañá de sábado. La Región foi a organizadora da Festa Inicio de Curso 2018-2019 xunto ao Concello de Maceda, pensada para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.
Barco Pirata, Cabinas Deportivas, Touro Mecánico, Tobogáns, Minigolf, Pesca de Patos, Obradoiros e Inchables Interactivo foron algunhas das actividades que compartiron os centos de asistentes a esta festa que foi totalmente de balde. Ademais, todos os asistentes tiñan á súa disposición froita e bebida durante as tres horas nas que se prolongou a festa.
Monitores experimentados encargáronse de dirixir cada unha das actividades e explicar o seu correcto funcionamento, co fin de que cada neno lle sacara o máximo partido a esta divertida festa.
Así, de praza en praza os escolares foron disfrutando de cada unha das propostas lúdicas que lles brindaron durante a festa coa que, a bo seguro, despediron o verán e deron a benvida ao novo curso con toda a forza que se precisa para enfrontarse a un novo curso escolar.