O meu cole chámase...

Manuel Bermúdez Couso

xornalescolar_0911_bermudez_01

Mestre de Trives

Manuel Bermúdez Couso naceu na Pobra de Trives o día de San Martiño de 1924 e faleceu na súa vila natal en abril do 2010. Bermúdez Couso foi mestre de profesión dende o ano 1951, cando comezou a dar clases en Ourense. Anos despois, pasou a formar parte da Escola de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela en Ourense, onde se converten en catedrático de Matemáticas. Nos anos 60 exerceu como director deste centro, antes de converterse en inspector de Ensino en Madrid.

Político e empresario

O profesor da Pobra de Trives adicou boa parte da súa vida tamén á política. Ademais de ser director da Escola de Comercio dependente da Deputación de Ourense, foi deputado provincial durante as décadas dos anos 60 e 70. Xa na democracia, militou nas filas de Centristas de Galicia. A nivel empresarial, Bermúdez Couso foi nomeado vicepresidente da xa desaparecida Caixa Ourense, encargándose da fusión con Caixavigo en 1999. Durante o resto da súa vida, continuou no consello de administración da nova entidade bancaria, Caixanova.

Un colexio na súa vila

A carreira docente de Manuel Bermúdez Couso foi o motivo polo que se acordou nomear o colexio da Pobra de Trives na súa homenaxe. Hoxe, o centro educativo é un referente da formación no rural, desenvolvendo numerosos proxectos de formación complementaria durante todo o curso. O colexio imparte Educación Infantil e Primaria para tódolos pequenos da contorna, que cada día acoden ás aulas rendéndolle homenaxe a un dos personaxes máis ilustres da súa vila natal, á que sempre estivo moi ligado.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar