O meu cole chámase...

Manuel Luís Acuña

Mestre e escritor

xornal1310_nomes_002

Manuel Luís Acuña naceu na parroquia de Sobrado, no concello de A Pobra de Trives en 1899. Tanto os seus pais coma os seus avós eran mestres de profesións, así que decidiu seguir a traxectoria familiar e estudar Maxisterio. Daquela vivía xa nas terras de Allariz. Comezou a súa carreira laboral como docente en 1928, oficio que exerceu ata 1941, cando foi apartado da súa praza pola súa militancia no Partido Galeguista. Nese momento pasou a impartir clases no ensino privado.

Poeta intimista

xornal1310_nomes_001

“Fírgoas” é o título do libro de poemas en galego que publicou no ano 1933. Chegada a Guerra Civil, deixou de publicar volumes, se ben participou con algúns versos no tomo IV da “Escolma de Poesía Galega”. Os seus son versos nos que fala da súa vida e as súas propias experiencias e foron moi ben recibidos pola crítica e os autores da época, entre os que estaban membros da Xeración Nós. No ano 1979 “Fírgoas” foi reeditado pola imprenta de La Región, incorporando algúns poemas inéditos.

Referente educativo

xornal1310_nomes_003

O labor que Manuel Luís Acuña desenvolveu durante a súa carreira como docente deixou unha forte impronta no colectivo do ensino. Na cidade existe un colexio situado na zona da Carballeira que leva o seu nome e no seu municipio natal, A Pobra de Trives, conta coa súa propia rúa. Ademais, salienta o congreso impulsado por “Nova escola galega” no 2008 que durante anos congregou a expertos educativos en Trives para analizar o papel da educación e lembrar a figura do mestre ourensán.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma