PHOTOCALL

Maside, centro do inicio do curso en Galicia

Feijóo, con varios alumnos del CEIP Terras de Maside.
photo_camera Feijóo, con varios alumnos del CEIP Terras de Maside.
Son preto de 20.000 os alumnos dos primeiros ciclos educativos que o pasado mércores retomaron a súa carreira educativa volvendo ás aulas de toda a provincia.

Maside converteuse no epicentro da volta ás aulas en Galicia ó acoller o incio do curso oficial que cada ano leva ós responsables da Xunta de Galicia a un centro da comunidade. Neste caso, o CPI Terras de Maside recibiu ó presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que percorreu o centro acompañado polos seus responsables para coñecer os proxectos que desenvolverán durante este ano escolar. Alí, o curso estréase coa rehabilitación enerxética do edificio, unhas obras acometidas durante o verán que consistiron no illamento das fachadas e o teito, así como a renovación da carpintería exterior e parte das luminarias existentes por equipos de alta eficiencia.

As incorporación das novas tecnoloxías é outro dos factores que dende hai uns anos ven protagonizando os arranques dos diferentes cursos. Maside non é alleo a estes avances e Feijóo tamén tivo ocasión de comprobar as diferentes ferramentas das que dispoñen os pequenos para ampliar os seus coñecementos mediante diferentes aplicacións, como son as pizarras interactivas.

Son preto de 20.000 os alumnos dos primeiros ciclos educativos que o pasado mércores retomaron a súa carreira educativa volvendo ás aulas de toda a provincia. Deles, 5.600 cursan Educación Infantil, mentres que 12.752 son aulmnos dos diferentes cursos de Primaria. En Galicia, a cifra acada os 197.000 estudantes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?