O meu cole chámase... Ramón Otero Pedrayo

xornalescolar_210929_cole_02_resultado
photo_camera IES Otero Pedrayo na cidade de Ourense.

O escritor da Xeración Nós é o máis popular entre os nomes dos colexios da provincia de Ourense.

IES Otero Pedrayo (Ourense)

xornalescolar_210929_cole_02_resultado

A historia do instituto laico máis antigo da cidade vai máis alá da figura do escritor que lle dá nome. No ano 1896 nacía o xérmolo do edificio que, nos seus 176 anos de historia foi sede de diferentes actividades didácticas e formativas, como a Escola de Artes e Oficios. Seguro que coñeces a moitas persoas que estudiaron neste instituto. Pensa que só no curso actual, acolle a máis de 700 alumnos. 

Seguro que non te paraches a pensar que o mesmo Ramón Otero Pedrayo foi unha vez un adolescente que tamén tiña que enfrontarse a exames, madrugóns e esas cousas que ten o colexio. E foi precisamente neste centro onde estudiou un dos membros da Xeración Nós. Claro que naquel momento aínda non era escritor e o edificio chamábase Instituto de Ourense. Alí coincidiu con outros alumnos que igual che sonan… Vicente Risco, por exemplo, foi un deles. 

Se algún día queres volver andar os pasos de Otero Pedrayo adolescente, podes achegarte a coñecer o paraninfo do instituto e ver os lugares por onde pasou o escritor de mozo.

Pazo de Trasalba (Amoeiro)

xornalescolar_210929_cole_01_resultado

O colexio de Amoeiro non podía chamarse doutra maneira… Enrique Otero Sotelo era o nome do pai de Ramón Otero Pedrayo, un avogado nacido en Trasalba, lugar onde aínda está a casa familiar que acolle a fundación que vela polo legado do escritor. 

Aínda que a figura do membro da Xeración Nós está moi ligada á cidade de Ourense -onde naceu, estudiou e finou-, Amoeiro sempre tivo un sitio moi especial no seu corazón e no seu pensamento. Se tes interese por coñecer máis sobre a súa vida, non dubides en achegarte ata o pazo de Trasalba, que conserva o mobiliario da familia e moitos detalles sobre a vida de Otero Pedrayo. 

Como continuación da súa actividade, o colexio de Amoeiro é moi activo e está inmerso en numerosos proxectos para formar ós seus alumnos máis alá das aulas. O Pazo de Trasalba é un dos lugares de visita obrigados para os cativos da zona, que conviven co nome do escritor dende ben pequenos.

Otero Pedrayo en Galicia

xornalescolar_210929_cole_03_resultado

O nome de Ramón Otero Pedrayo está e estará sempre ligado a Ourense, especialmente á cidade e ó Amoeiro das súas orixes familiares. Pero tanto a súa vida, como a súa obra e o seu legado traspasan as fronteiras dos seus pasos vitais. Por iso, tamén O Barco de Valdeorras ten un colexio co nome do escritor, converténdoo no persoeiro máis popular entre a nomenclatura dos centros da provincia de Ourense. 

Pero tan importante é Otero Pedrayo para a literatura galega que o seu nome tamén figura entre os máis empregados de Galicia. Son en total sete os centros educativos da comunidade autónoma que o lembran cada día ó entrar nas aulas. Ademais dos tres ourensáns, o escritor de títulos como “Arredor de si” ou “Os camiños da vida” é o eixo de tres colexios de Educación Infantil e Primaria en A Laracha (A Coruña), Vigo e Rábade (Lugo) e un instituto na propia capital coruñesa. Todos eles adoitan realizar visitas tanto ó Pazo de Trasalba como renderlle homenaxes na súa tumba do cemiterio de San Francisco.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?