XORNAL ESCOLAR

Moita actividade e grandes proxectos

Están inmersos en numerosos proxectos educativos cada curso cos que reforzan os coñecementos do alumnado

Ademais das materias que se imparten en cada curso escolar, no Princesa de España complementan o aprendizaxe participando cada curso en diversos proxectos educativos axeitados a cada idade do alumnos. Este ano salientan o denominado "Xogando coas linguas", un proxecto que consiste en reforzar o aprendizaxe da lingua estranxeira nos cursos de 5º e 6º de Primaria. Trátase de complementar o aprendido na aula coa asignatura propia do curso con actividades máis lúdicas que están a contar con moi boa acollida por parte do alumnado. Para o alumnano de Infantil contan con outro interesante proxecto que recibe o nome de PELO, esto é Programa de Estimulación da Linguaxe Oral e impártese cunha peridicidade dunha hora semanal.

Por último, neste centro de Infantil e Primaria, contan co Programa Madruga, abrindo as portas do centro dende as 8:00 horas co fin de axudar a conciliar a vida laboral e familiar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar