XORNAL ESCOLAR

Os monstruos invaden O Ruxidoiro

Xornal Escolar
photo_camera Un grupo de nenos e nenas de 2º de Educación Prinmaria posa ante os monstruos elaborados para o Samaín.

Os equipos de actividades extraescolares e complementarias do colexio O Ruxidoiro organizaron as actividades programadas este ano con motivo do Samaín/Halloween, unha festa á que tamén se sumou o equipo da biblioteca do centro que organizou un concurso de contos terroríficos.

 No tocante aos contos, os propios escolares crearon diversas historias, das que se seleccionarán as mellores e este venres percorrerán as aulas compartindoos co resto dos compañeiros. Ademais desta iniciativa, os escolares elaboraron monstruos, temática central da festa este ano. Coa axuda das familias fixeron magníficas creacións que estes días locen nas instalacións do centro. Suman máis de 80 monstruos de todas as cores, tamaños e formas que enchen o colexio dun ambiente único de Samaín. 

Ademais, hoxe que é o día grande da festa, tamén dispoñen dun photocall onde os nenos poden posar para ter un recordo, en forma de instantánea, desta divertida celebración. Moitos dos escolares acuden tamén hoxe disfrazados ao colexio para así adentrarse nas súas personaxes preferidas de terror.

Nas actividades programadas participan todos os escolares do centro e ademais están a contar coa colaboración de profesores e familias que apoian todas as actividades que suxire o centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar