XORNAL ESCOLAR

A Moti preséntase con 22 espectáculos en distintos espazos da cidade

No marco da programación da MOTI o sábado, día 26 de decembro, o Teatro Principal acolle o espectáculo de clown: Peor imposible,pola compañía galega Peter Punk.

A Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 12ª edición cun programa de actividades que se vai desenvolver en distintos espazos da cidade do 26 ao 30 de decembro. Nesta edición da mostra haberá un total de  22 espectáculos a cargo de 18 compañías, 11 delas galegas xunto coas de Andalucía, e outras de Castela e León, Euskadi, Madrid, Comunidade Valenciana e Cataluña. Cómpre destacar, ademais, o grande abano de idades para as que vai dirixida esta edición, que pretende captar público desde 1 ano até os 12 anos.

No marco da programación da MOTI o sábado, día 26 de decembro, o Teatro Principal acolle o espectáculo de clown: Peor imposible,pola compañía galega Peter Punk.

Haberá unha única función ás 17.00 horas. A entrada ten un custo único de 4€ e pódese mercar na taquilla do teatro o día previo á función, de 12.00 a 14.00 horas ou o mesmo día da función, de 12.00 a 14.00 horas e dúas horas antes do seu comezo. Reservas on line en: www.ataquilla.com e no teléfono: 902-504.500.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?