Os nenos ourensáns aprenden a resolver emerxencias coa Policía, a Garda Civil e Protección Civil

Os cans tamén son un gran mestre para os cativos.
photo_camera Os cans tamén son un gran mestre para os cativos.
Unha iniciativa para que os máis pequenos da casa aprendan boas conductas

Bombeiros, membros de Protección Civil, axentes da Policía Local ou da Garda Civil encheron a Praza Maior de Ourense con todo o material, vehículos e ferramentas que empregan para resolver as emerxencias que se poidan dar, especialmente, se empeza a arder nalgún punto. Durante dous días, milleiros de escolares da cidade achegáronse a ver de preto este despregue de medios na primeira edición da Semana da prevención de incendios. 

O obxectivo da iniciativa era o de achegar á cidadanía os servizos de emerxencia para concienciar sobre a necesidade de adoptar unha conducta preventiva como cidadáns e aprender a comportarse ante calquera posible situación de emerxencia en xeral, e moi especialmente nos incendios no ámbito urbano.

A moto acuática foi un
éxito entre os máis novos.
A moto acuática foi un éxito entre os máis novos.

A moto acuática foi o vehículo favorito dos máis novos, que non dubidaron en subir e simular que surcaban as augas do río Miño. Tamén lles chamou moito a atención o coche da Policía Local, no que entraron por parellas e puideron comprobar tódolos elementos que o distinguen dun vehículo tradicional. A “Casa do fume” -un simulador que recrea unha vivenda e varias habitacións para aprender a escapar dun incendio- ou o obradoiro que aportaron os Técnicos en Emerxencias Sanitarias da Asociación Tesgalicia sobre primeiros auxilios tamén foron un éxito entre os escolares participantes, que se converteron en expertos na prevención de incendios.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?