HIPERACTIVOS

No colexio de Seixalbo "Educan con Arte"

Inauguraron unha exposición feita con material de refugallo na mesma xornada na que recitaron poesías

Os escolares de 1ºA do CEIP de Seixalbo citaron a un nutrido grupo de asistentes no Centro Cultural das Agromadas de Seixalbo para presenciar como recitaban poesías de Manuel María no Día das Letras Galegas.

Na mesma xornada festiva de Galicia, inaugurouse a exposición "Educa con arte", no centro cívico de Seixalbo, que se poderá visitar durante todo o mes de maio. Esta exposición da continuidade a outra inaugurada en 2015 de Esperanza González denominada "Alixo de esperanza". Ambas coleccións teñen en común a reutilización de materiais de refugallo para construir beleza e concienciar ao alumnado e demais membros da comunidade do amor ás artes e á natureza.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?