O meu cole chámase...

Nosa Señora de Xuvencos

Gran devoción

xornalescolar_2809_xuvencos_01

Xuvencos é o nome dunha parroquia do Concello de Boborás. Alí, como centro da vida relixiosa, álzase a capela de Santa María de Xuvencos, un templo de orixe románico que conta cunha grande devoción entre os veciños. Cada ano, o segundo domingo do mes de maio, trasládase a figura de Santa María ata a capela de Boborás, ó tempo que a figura de Santa Isabel fai o camiño inverso ata Xuvencos, congregando a centos de persoas de tódalas idades.

Danza "branca”

xornalescolar_2809_xuvencos_03

O seguinte domingo despois do intercambio das figuras, os devotos da zona fan o percorrido contrario e, neste caso, vai acompañado dun grupo de danzantes que interpretan a “Danza das Mudacións”. Trátase dunha tradición ancestral cunha vestimenta moi particular que a enmarca nas coñecidas como “danzas brancas”. Aínda que é difícil precisar as orixes desta manifestación relixiosa debido á súa antigüidade, é un momento moi agardado dentro do calendario anual de Boborás.

Colexio con tradición

xornalescolar_2809_xuvencos_02

Tal é o arraigo da virxe de Xuvencos na vida diaria de Boborás e dentro do seu calendario festivo, que o colexio do municipio leva por nome CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Alí, cada día, dúcias de alumnos deste municipio da comarca do Carballiño acoden ás aulas rendéndolle homenaxe a unha das grandes tradicións do seu pobo, unha manifestación relixiosa que vai máis alá da fe e abrangue unha das grandes riquezas inmateriais de Boborás, como é a “Danza das Mudacións”.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar