Nova convocatoria de Amencer para ser monitor de tempo libre

As condicións para matricularse neste curso oficial de tempo libre son: ser maior de 18 anos e ter o graduado escolar.

A Asociación Xuvenil Amencer de Ourense organiza un curso de Monitores de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Galicia. A titulación que se obtén é oficial expedida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. 

O curso vai dirixido ás persoas interesadas no mundo da educación dende o tempo libre, membros de asociacións, voluntarios/as, monitores/as de campamentos etc. O número de prazas é limitado: 25 prazas por curso. A inscrición é por rigoroso orde de matrícula. Realizarase nos locais de Amencer (nos baixos do colexio salesiano). O curso realizarase en fins de semana dos meses de novembro e decembro, festivos e vacacións de Nadal para que os estudantes poidan participar neles. As condicións para matricularse neste curso oficial de tempo libre son: ser maior de 18 anos e ter o graduado escolar. A documentación necesaria para realizar a matrícula é dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI. O prezo da matrícula é de 250 euros. O curso dura 200 horas na súa fase teórica (en 20 xornadas de 10 horas), e complétase cunha práctica de 150 horas en actividades de tempo libre ou 14 días de campamento de tempo libre..

Para máis información e inscrición pódese pasar pola Asociación Xuvenil Amencer; chamando ao teléfono/fax 988 218123 ou no noso correo electrónico: [email protected] ou na nosa páxina web: www.amencer.org 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar