SOLIDARIDAD

A nova xeración de bibliotecas

No día de hoxe, as bibliotecas escolares son concibidas coma unha estancia máis de traballo no centro, de préstamo de libros pero tamén de ocio e benestar.

No día de hoxe, as bibliotecas escolares son concibidas coma unha estancia máis de traballo no centro, de préstamo de libros pero tamén de ocio e benestar. O certo é que cando un lugar é acolledor e está dotado de todo o material disposto para o traballo diario, este resulta máis doado nun lugar confortable. Isto é o que ocorre na maioría das bibliotecas escolares dos centros galegos, que grazas ao PLAMBE e ao esforzo dos equipos de bibliotecas conseguen deste espazo un lugar onde o traballo e o tempo de lecer é posible. Trátase de espazos onde os lectores deixan voar a súa imaxinación podendo escoller a aventura que desexen soñar, elixindo tamén o “medio de transporte” que máis lle apeteza para levar a cabo a súa viaxe,  podendo optar polo clásico libro de sempre, embarcarse nun e-book, navegar pola rede a través dos equipos informáticos e á vez botarlle unha ollada ao propio blog da biblioteca,  ou mesmo gozar da proxección  dunha película ou documental; así como, disfrutar dunha partida ó xadrez ou rebuscar entre as novidades ou exposicións diversas postas ao alcance dos lectores. Estes espazos organizados por rincóns, son o motor principal que pon en marcha as demais actividades levadas a cabo no centro, sendo os proxectos de temática diversa o éxito de traballo entre as bibliotecas dos centros galegos.

En resumo, estes espazos multifunción que levan a cabo tarefas interdisciplinares teñen moitas finalidades que eu resumiría en dúas: formar selectores críticos da información, no camiño cara a aprendizaxe e conseguir despertar no lector, a sensación de se converter no protagonista da historia que está a ler, esquecendo o que lle rodea.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar