Os escolares do CEIP Inmaculada de Ourense coñeceros os froitos e plantas propios desta época do ano, así como deixar voar a imaxinación son dous dos obxectivos desta iniciativa.
Por terceiro ano consecutivo, os escolares do CEIP Inmaculada de Ourense participaron nunha divertida actividade de outono. Coñecer os froitos e plantas propios desta época do ano, así como deixar voar a imaxinación son dous dos obxectivos desta iniciativa.
Durante o mes de outubro, os escolares coa axuda das súas familias, elaboraron todo tipo de manualidades nas que o outono sería o protagonista. A última semana no mes era finalizaba o prazo para entregar os traballos que estiveron expostos no salón de actos do centro para que toda a comunidade educativa puidera visitalos.
O resultado foi fabuloso xa que os nenos e nenas volveron a sorprender un ano máis coas súas fantásticas elaboracións. Este resultado foi posible gracias ao magnífico traballo dos alumnos e á colaboración das familias, que sempre se animan a axudar en todo o que lles solicita o centro.