O meu cole chámase...

Padre Crespo

Relixioso e historiador

xornalescolar_0510_padre_crespo_02

José Santiago Crespo Pozo, máis coñecido como Padre Crespo naceu en Redondela no ano 1909. Despois de estudar nos colexio xesuítas e salesianos de Vigo, ingresou no convento da Mercé de Sarria e completou a súa formación en Filosofía e Teoloxía no mosteiro de San Xoán de Poio. Durante a súa vida relixiosa, ostentou diferentes postos directivos da orde mercedaria en España e América Latina. Foi, ademais, membro de institucións culturais como a Real Academia Galega e a Real Academia de Historia. Faleceu en  Xunqueira de Ambía no ano 1978.

Impulsor lingüístico

xornalescolar_0510_padre_crespo_03

O Padre Crespo traballou moito sobre a lingua galega. De feito,  publicou o libro “Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego”, polo que foi entrevistado nas páxinas de La Región por Álvarez Alonso no ano 1972: ”-¿Cómo nació en usted esta afición por la Filología gallega? -Era casi un niño y ya iba apuntando las acepciones y diferencias que advertía en el gallego de mis compañeros de estudios. Luego, durante mis investigaciones (…) iba recogiendo palabras que luego veía confirmadas en los documentos de la Colección Diplomática de Galicia Histórica”.

Referente educativo

xornalescolar_0510_padre_crespo_01

En memoria do Padre Crespo, o colexio de Xunqueira de Ambía continúa levando o seu nome convertido nun referente da educación rural no que as matrículas aumentan cada ano. Hoxe, 113 alumnos acoden ás aulas deste centro, case 70 máis que hai unha década. Dende o equipo directivo sitúan este éxito no programa educativo establecido hai agora 10 anos e en tódalas actividades que realizan para completar a formación do alumnado centradas no patrimonio e riqueza da súa contorna ou na educación en valores do seu alumnado.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar