XORNAL ESCOLAR

O Portovello recordou a Preescolar na casa

Actividad preescolar na casa colegio Portovello
28-1-16
Unai,Silvia
photo_camera Unai e Silvia tocando o tambor.

O colexio realizou un acto festivo no que incluiu actuacións como a de "Cé Orquestra Pantasma"

No CIFP Portovello de Ourense organizaron hai uns días un acto de homenaxe a Preescolar na Casa. O acto, organizado polo Departamento de Servizos socioculturais, a comunidade do centro e o alumnado do Ciclo Superior de Eduación Infantil, serviu para dar a coñecer os aspectos relevantes da traxectoria de Preescolar na Casa. O acto contou coa presenza dunha representación da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy, herdeira de Preescolar na Casa, e de persoas que estiveron directamente relacionadas coa experiencia.

Entre as actividades do programa destacou un concerto-presentación de Fíos de Querer por parte de Cé orquesta pantasma, así como unha visita dos participantes ás instalacións, un recodatorio do proxecto e uns petiscos preparados polo alumnado. A experiencia resultou ser todo un éxito e contou con numerosos participantes. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma