Lixoteca

Prepara o teu colar de macarróns

photo_camera Aprende a hacer un colorido collar de macarrones en un par de sencillos pasos.
Facer este orixinal colar é moi sinxelo e non son moitos os materiais que necesitamos. Seguro que xa tes case todos na casa porque son cousas que utiliza a túa familia no voso día a día. Fan falta macarróns tipo pluma, pinturas e rotuladores de cores, corda, lá de cores e tesoiras.

O primeiro paso será darlle cor ós macarróns para acadar un resultado moi orixinal e creativo. Neste paso quen manda é a túa imaxinación e poderás crear tantos deseños como se che ocorran. Con pinturas acrílicas ou rotuladores podes ir facendo liñas, puntos, cores lisas… Cantas máis decoracións fagas, mellor.

Agora imos darlle forma ó colar. Comeza por cortar un anaco de cordel, calcula primeiro arredor do pescozo canto precisas. Iso dependerá do longo que queiras o colar, pero non o fagas moi axustado porque os macarróns poden picar… Cando o teñas, éncheo de macarróns e vai combinando diferentes deseños.

Remata o colar cun nó e prepárate para facer un adorno para a parte central. Colle lá de dúas cores que combinen ben entre si e dalle voltas arredor da palma da túa man. Cando teñas un bo mogollón, corta a lá e retíraa da túa man sen que se desfaga o envoltorio que fixeches.

Corta un anaquiño máis de lá e, nun dos lados pásao e déixao por agora así. Corta outro anaco algo máis grande e, nese mesmo lado, dalle voltas para asegurar o adorno e que non se nos desfaga. Colle as tesoiras e, no lado no que non fixeches nada, separa o mogollón para que se convirta en flequiños e repárteos ben.

Co anaco de lá que deixamos colgando nun dos extremos, engancha o adorno na parte central do colar, ata ben e listo! Xa tes un agasallo perfecto para os teus familiares e amigos co que lle poderán dar un toque de cor ós seus modelitos de primavera dun xeito sinxelo e moi divertido. Así que xa sabes… Mans á obra!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?