O programa xornal escolar de Telemiño presentará na sección AugaEscola o traballo dos laboratorios
A lectura centrará este sábado o programa Xornal Escolar de Telemiño. As cámaras acudiron ao Liceo de Ourense para participar nunha nova edición das Tertulias Literarias en galego. Alí atoparon a numerosos mozos e mozas de ESO e Bacharelato profundizando no libro de Xabier Quiroga "Izan o da saca". Ademais o programa incluirá outros contigos como a sección AugaEscola de Viaqua, Latricar, Alternativa de Ocio ou a Lixotk, que cada semana chega da man de Iria Rodríguez.
Latricar
Un grupo de mozas que participaron nas Tertulias Literarias en galego foron esta semana as encargadas de latricar para o programa escolar. Falaron do positiva que foi a súa experiencia neste programa da Concellería de Educación e da Deputación de Ourense. Tamén latricaron os alumnos e alumnas do CEIP Mestre Vide e o fixeron sobre o importante que é ler e tamén se atreveron a recomendar algún dos libros que máis lle gustou.
Augaescola
A sección semanal de Viaqua, AugaEscola, céntrase esta semana no laboratorio. Expertos de Viaqua serán os encargados de presentar as actividades que realizan neste espazo, o importantes que son e, en definitiva, o seu traballo do día a día.
Alternativa de ocio
Esta semana a alternativa de ocio é do máis relaxada. A recomendación é, como non podía ser doutro xeito dada a temática desta semana, a lectura. Atendede ben aos libros que recomendan os escolares no programa, poden ser unhas boas opcións.
O programa desta semana chega de novo cargado de contidos e de temas moi interesantes.