ENTREVISTA AO DIRECTOR

Promoción de habilidades de vida

No CEE O Pino participan en múltiples talleres, unha das  novidades é un pensado para aprender a cociñar, lavar, etcétera

No barrio ourensán de O Pino está ubicado o colexio que leva o mesmo nome. O CEE O Pino é un centro de educación especial rodeado de natureza e nun entorno privilexiado. Alí acoden diariamente quince alumnos e alumnas para recibir a educación básica obrigatoria. 
José Manuel Folgoso é dende hai nove anos o director deste centro de ensino. É unha persoa moi dinámica e con moitas ganas de mellorar cada vez máis este colexio.

Como é o día a día no CEE O Pino?
O día comeza ás 9.30 horas. Temos xornada partida e servizo de comedor. Todos os alumnos do colexio fan uso do comedor escolar. Non temos transporte escolar xa que queremos que os escolares se integren na sociedade e fan uso do transporte público diariamento. No tocante ao ensino, combinan as clases das materias propias do curriculo oficial con actividades de carácter práctico e tamén ao longo do curso realizamos moitas actividades lúdicas que compartimos profesores e alumnado.

Fálenos un pouco dos talleres cos que contades.
Hai varios talleres e para elo dispomos de aulas específicas e equipadas para levalos a cabo. Así, temos carpintería, plástica, informática, tecnoloxía, un taller multidisciplinar e o de habilidades de vida.

Habilidades de vida soa ben, en que consiste este taller?
Podemos decir que é unha novidade este ano, aínda que xa se comezou con algunha actividade puntual anteriormente, este curso é o primeiro que está totalmente integrado. Consiste no aprendizaxe de diversas tarefas útiles para o día a día. O alumnado aprender a lavar, planchar, facer algo de comida, etcétera. Está a ser todo un éxito e aos escolares encántalle.

No tocante aos profesores, como son os do CEE O Pino?
Somos un grupo moi unido. Somos todos expertos en pedagoxía terapéutica e temos moi ben asignados os cometidos, ben é certo que participamos en moitas actividades conxuntas que son moi beneficiosas para o grupo. Ademais, os profesores do centro estamos a participar nun Plan de Formación sobre seguridade no manexo de internet e as redes sociais. Ten como finalidade explicarlle ben aos alumnos o seu manexo e os perigos de compartir certos datos na rede.

Ademais de estudar e aprender nos talleres, os escolares gozan de múltiples actividades complementarias. Cales son?
Sí, hai moitas maneiras de aprender e tamén se pode aprender dun xeito máis lúdico. Participamos en moitos concursos, por exemplo na elaboración dun Xornal Escolar que xa o fixemos o ano pasado. Tamén participamos no concurso da Constitución, no que quedamos clasificados primeiros, e no do Parlamento Galego da Deputación ,onde tamén recibimos un premio:unha tablet para cada alumno. 

Tamén saídes nalgunha ocasión do centro..
Claro que sí xa que participamos en numerosas actividades extraescolares que organiza o Concello de Ourense. Imos a Aula da Natureza, ao teatro, etc...Este curso tamén fixemos unha excursión a Santiago de Compostela onde o pasamos moi ben. fomos en tren e compartimos alí un día estupendo.

Por último, que destacaría do CEE O Pino?
É un colexio estupendo, rodeado de natureza e ubicado nun espazo privilexiado. Contamos con aulas e talleres estupendos e moi ben equipados e uns servizos moi bos. Convidamos a todo o mundo a coñecer o noso colexio. Outros anos organizabamos unhas xornadas de portas abertas, pero este curso decidimos que durante o tercer trimestre todos os que queiran vir a visitalo nos teñen á súa disposición para amosarlles o colexio e todas as actividades que levamos a cabo. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma