WHATSAPP Ó DIRECTOR

Proxecto Mail Art

20170410153130640_result

O proxecto mestura as artes plásticas coa lingua escrita en galego

O CPI de Bembibre (Val do Dubra – A Coruña) xunto co IES Aquis Querquernis  (Bande -Ourense) participan nun proxecto sobre Mail Art. Este proxecto é de carácter educativo e xurde do Departamento de Debuxo en colaboración cos Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística dos respectivos centros.

O proxecto mestura as artes plásticas coa lingua escrita en galego. É un traballo dirixido ós/ás alumnos/as de 1º de ESO os/as cales se relacionaron a través da arte postal seguindo a liña dos artistas neo-dadaistas e do grupo Fluxus que foron os primeiros en facer arte postal.

Os traballos do Mail Art non cumpren os formatos das cartas convencionais podendo enviar dende un debuxo sen sobre, origamis, reddy-mades, postais, paquetes, CDs, botellas con mensaxes no seu interior, etc. co obxectivo de crear unha carta non convencional donde a presenza do carácter estéticoartístico ten gran peso xunto coa lingua galega. A través do intercambio destas mensaxes artísticas o alumnado estableceu contacto compartindo emocións, sensacións, pensamentos, arte e lingua. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma