O meu cole chámase...

Raúl Fernández

2019062019034367502 (1)

Mestre de profesión

Raúl Fernández naceu en Castrelo do Val no ano 1955 e faleceu en Ourense no mes de xuño de 2019. Aínda que o seu nome é máis coñecido por ter sido secretario provincial do PSdeG-PSOE, a súa vida estivo sempre ligada ás aulas. Deste xeito, durante a súa traxetoria exerceu como mestre de Educación Primaria nas localidades ourensás de Verín e Oímbra, ademais de na súa localidade natal. Fóra da provincia, impartiu ensino en Padrón, Boiro e Negreira.

Ligado á vida política

Paralelamente á súa traxectoria profesional, Raúl Fernández comezou a súa carreira política en 1987, cando encabezou as listas socialistas á alcaldía de Castrelo do Val, acadando este posto que ocupou durante 18 anos. A nivel provincial, Fernández foi delegado territorial da Consellería de Política Territorial no ano 2005 e voltou á súa localidade natal no ano 2011 como concelleiro, cargo que compaxinou co de deputado provincial, antes de ocupar un escano no Parlamento de Galicia. 

Homenaxeado no seu pobo

A figura de Raúl Fernández continúa moi presente en Castrelo do Val, un lugar ó que lle adicou boa parte da súa vida profesional, tanto no seu traballo como mestre coma na súa traxectoria política. Por iso, pouco máis dun ano despois do seu falcemento, a súa localidade natal nomeouno como fillo predilecto e foi a finais de 2020 cando a Consellería de Educación lle deu luz verde á proposta de darlle nome ó colexio. Dende entón, o CEIP Castrelo do Val pasou a chamarse CEIP Raúl Fernández.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar