Xornal Escolar

O sabor da felicidade marcará o curso

Xornal Escolar

salesianos

O sabor da felicidade marcará o curso

Festa de inauguración do curso de Infantil e Primaria, entrega de diplomas Cambridge entre as primeiras actividades

O curso comeza no colexio María Auxiliadora "Salesianos" con forza no que a actividades se refire e dada a experiencia doutros anos continuará asía os vindeiros meses. A festa de inauguración dos escolares de Infantil e Primaria foi unha destas propostas e contou con tres momentos salientables. A primeira foi a celebración na igrexa, partindo de elementos relacionados coa cociña co fin de facer máis perceptible o sentido do lema deste curso "El sabor de la felicidad". Posteriormente, o teatro do centro acolleu o acto de entrega de diplomas de Cambridge correspondentes ao alumnado de Primaria que se examinaron no mes de xuño, esto é no curso pasado. 

Como colofón a unha intensa mañá de actividades, o patio do centro foi o lugar escollido para coller dúas actuacións. Por unha banda, Uxía Lambona e a banda molona, unha para os escolares de Infantil e a outra para os de Primaria. Resultou ser unha actividade de máis divertida e participativa xa que houbo unha gran interacción cos escolares que xogaron un papel moi importante en cada un dos espectáculos que se presentaron.
 

MOBILIDADE
A Semana da Mobilidade tamén ocupou parte das actividades organizadas polo colexio Salesianos na segunda semana do curso. Tanto é así que varios cursos de Educación Primaria disfrutaron e aprenderon fóra das aulas con diversas actividades relacionadas coa mobilidade e promovidas polo Concello de Ourense. Deste xeito os escolares que participaron  nestas propostas, concienciáronse aínda máis da importancia dunha mobilidade intelixente e limpa na que todos podemos colaborar para ter un mundo mellor.