Os segredos de San Francisco

photo_camera Niños y niñas de Xinzo visitaron el Archivo Histórico Provincial de Ourense, donde disfrutaron de una visita guiada muy especial y pudieron realizar varias actividades.
Escolares de Xinzo de Limia participaron nas visitas educativas que organiza o Arquivo Histórico Provincial.

O conxunto monumental de San Francisco desenvolve este curso un programa de visitas para escolares que lles permite ós alumnos de toda a provincia coñecer este emblema do patrimonio ourensán ó tempo que descobren o funcionamento do Arquivo Histórico Provincial, que ten a súa sede neste renovado edificio.

Un dos centros educativos que pasaron nos últimos días por el foi o Carlos Casares de Xinzo de Limia. O alumnado de quinto de Primaria tivo ocasión de achegarse ata o conxunto arquitectónico para visitar as exposicións permanentes “Documentos históricos de Ourense” e “San Francisco: arquitectura e historia”, da man dun monxe franciscano moi especial que os guiou polas instalacións e pola historia documental da provincia. 

Separados en dous grupos para facer máis amena a actividade, os alumnos de Xinzo tamén tiveron ocasión de coñecer como escribían na antigüidade a través do obradoiro de escritura medieval, no que fixeron un pergamino da súa linaxe familiar. 

As visitas a San Francisco están organizadas dende o Arquivo Histórico e o seu director, Pablo Sánchez Ferro, amósase moi contento co éxito que están xerando entre a comunidade educativa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar