XORNAL ESCOLAR

Segundo idioma estranxeiro

Reportaje Xornal Escolar colegio San Amaro
15-1-16
photo_camera Colegio Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira.

O CEIP plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira oferta este curso como optativa aos seus alumnos francés

No Concello de San Amaro está ubicado o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, un centro de ensino do rural que conta cun equipo de profesores moi activos preocupados por ofertarlle aos seus alumnos a mellor e máis completa das formación nun ambiente familiar.

Que novidades ofrece este ano este colexio? 

Temos dúas novidades salientables. Este será o primeiro ano no que ofertaremos francés como optativa de 2ª lingua estranxeira. Tamén queremos salientar que este ano seremos o centro anfitrión da Convivencia Anual que vimos celebrando dende hai anos xunto aos colexios de Boborás, O Irixo e Beariz.

O colexio Eulogio Gómez Franqueira conta cunhas grandes dimensións. Fálenos un pouco das instalacións, que destacaría?

Dispomos de moitos espazos que aproveitamos moi ben para levar a cabo todo tipo de actividades. Contamos con pista polideportiva exterior uberta, aulas de música, inglés, informática, psicomotricidade e AL ben equipadas, ademais da biblioteca. A pesar de todos estes espazos cabe salientar as melloras que precisamos nas instalacións do centro, como é o caso dos baños, as zonas deportivas e a dotación da aula de informática, xa que os ordenadores cos que contamos están, na súa maioría obsoletos.

Estas melloras tecnolóxicas son precisas para adaptarse aos tempos actuais..

Certo é que sí. Buscamos que as tecnoloxías formen parte do día a día do noso alumnado e neste sentido é importante salientar a dixitalización da aula de Infantil e da aula de 4º, 5º e 6º de Primaria.

No tocante aos plans e proxectos educativos, en cales participades?

Somos un centro plurilingüe dende o curso 2014-2015. Sabemos que os idiomas son fundamentais nos tempos que corre e é por elo que este ano tamén ofertamos francés como optativa, para que o noso alumnado esté ben preparado. Ademais, participamos no Plan Proxecta, almorzos saudables e moitas outros proxectos que consideramos importantes para os nosos escolares.

O deporte tamén é un aspecto fundamental na formación integral dos escolares. No voso centro, practícase deporte?

De feito que sí. Ademais da asignatura propia de Educación Física, os nosos alumnos teñen a oportunidade de participar no Deporte Escolar, facémolo con éxito dende hai anos e é unha ocasión perfecta para realizar actividades saudables e coñecer a outros nenos e mozos dous colexios. A organización desta actividade corre a cargo do profesorado do centro que é moi consciente da importancia de realizar actividades deportivas.

Non todo vai  ser estudiar, que actividades lúdicas compartides no colexio de San Amaro?

Facemos cada ano unha excursión de fin de curso, tamén participamos nunha xornada de convivencia con outros centros de ensino como son Boborás, Beatriz e O Irixo e o noso alumnado de 6º curso realiza outra convivencia co CPI de Maside, destino de moitos eles ao curso seguinte. Completamos estas propostas con saídas e visitas culturais, así, en decembro fomos a Ourense con todo o alumnado para gozar da pista de xeo que estivo ubicada no CC Ponte Vella. Tamén visitamos o Belén de Baltar, as Burgas ou o casco histórico.

Ademais das actividades fóra do centro, no colexio tamén se compartides propostas de carácter lúdico?

Sí, moitas, para así combinar da mellor maneira os momentos puramente educativos e nos que se precisa máis atención, con outros cun carácter máis lúdico e distendido. Neste aspecto celebramos o Samaín, o Magosto, facemos un Festival de Nadal, celebramos o Entroido, o Día da Paz, do Libro, etcétera.

Contar con 30 alumnos nun colexio conta cunha serie de vantaxes e invonvintes, cales son?

O principal beneficio é que lle podemos brindar aos nosos alumnos unha educación individualizada. O colexio de San Amaro é un centro moi familiar e esto é un luxo. O reducido número de alumnos tamén ten inconvintes como pode ser a dificultade para organizar actividades, como pode ser o caso das deportivas, pero entre todos buscamos subsanar estes inconvintes da mellor maneira posible.

Reportaje Xornal Escolar colegio San Amaro15-1-16DirectoraMª Angelina Rodríguez, a directora

Angelina é, ademais dende hai oito anos directora do centro, mestra de E. Física en Primaria; Psicomotricidade en Infantil; e Lingua Galega en 1º,2º e 3ª. Traballa con esmero pola formación integral do alumnado e, xunto ao seu equipo, loita pola mellora das instalacións e equipamento do centro.

Reportaje Xornal Escolar colegio San Amaro15-1-16Cristina FdezCristina Fernández, titora de Educación Infantil

Cristina é a titora dos alumnos e alumnas de Eduacación Infantil do colexio, esto é os cativos de 3, 4 e 5 anos. Ademais é a coordinadora das actividades que levan a cabo no centro relacionadas co medio ambiente. 

Reportaje Xornal Escolar colegio San Amaro15-1-16Carlos IglesiasCarlos Iglesias, mestre de Infantil e Primaria

É o mestre de música en Infantil e Primaria. Ademais é titor do alumnado de 4º,5º e 6º.  Ademais, Carlos é o responsable do novidoso proxecto que poñen en marcha este curso e que se trata de impartir as clases de francés  en 4º e 6º de Primaria.

Rubén Febrero, mester de Inglés

Rubén é o titor de 1º,2º e 3º. Ademais, imparte clases de inglés en Educación Infantil e Primaria e é o coordinador da sección bilingüe e do proxecto Plurilingüe que se implantou neste centro de ensino no curso 2014/2015.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?