O CONCURSO

Sorprenderon a Telemiño cun agasallo

Os escolares do colexio plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira visitaron o plató, onde presentaron o seu centro e todas as actividades que realizan.

Escolares do CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira visitaron hai uns días o plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. O mestre Rubén Febrero foi o concursante e Iago, Iria e Xacobo axudaron á Conchi Pérez na labor de presentación do programa. Foi unha estupenda experiencia. 
   

     Tras as presentacións, todos xuntos pasaron a visionar o video do colexio que días antes gravaron para presentar a todos as súas instalacións e as activiades e proxectos que levan a cabo.
   

  O video fixo referencia ao horto escolar, onde cultivan todo tipo de hortalizas que despois comen no comedor escolar e deste xeito coñecen las necesidades de cada cultivo. Tamén amosaron o comedor, onde a cociñeira María Xosé informou dos productos que estaban elaborando. A clase de Infantil foi a seguinte parada do percorrido onde os escolares estaban a estudiar os países, neste caso China. Tamén amosaron os seus murais, entre eles un que recolle os cumpreanos dos escolares, xa que cando un cativo cumpre anos faise unha tarta e todos xuntos sacan unha foto de recordo. Nas clases de 1º,2º e 3º estaban a facer un traballo conxunto para aprender dun xeito lúdico todos xuntos. Na clase de 4º, 5º e 6º estaban a traballar na música tradicional de China, aproveitando que este país tamén estaba a ser obxecto de estudo en Infantil. A aula de informática tamén formou parte do percorrido, onde os alumnos estaban a buscar información sobre a música tradicional China. O patio cuberto co que contan así como o areeiro tamén o amosaron no video de presentación.

    Tras o visionado do video do colexio chegou o momento do concurso e Rubén tivo que adiviñar unha serie de obxectos, accións e personaxes coa axuda dunhas pistas que lles proporcionaron os alumnos. Tamén puxeron a proba os seus coñecementos e o concursante respostou a tres bloques de preguntas sobre cultura xeral, o propio colexio e persoais.

ROUND 1   CULTURA XERAL   
Cal é a capital de China?

- Debe ser Pekín.

Como temos carteis en inglés por todo o colexio, poderíanos decir como se di invernadoiro en inglés ?
- Greenhouse
Como temos carteis no centro das Letras Galegas, sabería dicirnos a quen se lle asignan este ano?
- Este ano é a Manuel María.

Antes de pasar ao turno de preguntas sobre o cole, visionaron o video de talentos do colexio. Os nenos de 4º, 5º e 6º, lles encanta bailar e presentaron unha coreografía para Telemiño. A continuación, Iria, Sara, Adriana e Elena fixeron unha exibición de patinaxe. Para concluir co video de talentos, unha nena de cinco ano amosou a súa elasticidade e fixo o spagat.

ROUND 2   O COLEXIO

Como vemos que sempre ves contento a clase temos unha pregunta, sempre quixeches ser profesor?
Pois non sempre. De pequeno quería ser policía, bombeiro ou toreiro, pero ao final decidín ser mestre porque me pareceu unha boa opción para mín e encántame.

Por que che gusta ser profesor?

Gústame por tratar con vós, por estar con eles, por ver como melloran. Non son máquinas son persoas que teñen as súas dificultades e precisan a túa axuda e tes a responsabilidade de facer o mellor que poidas as cousas, en definitiva, un traballo para mín moi agradable.

Qué é o que máis che gusta do teu traballo?
O que máis me gusta é chegar a fin de curso e ver que as cousas se fixeron ben. Ver todas as fotos das actividades e lembrar todas as cousas que fixemos.  

ROUND 3  A PERSOA   
Cal é o teu deporte preferido?

Máis que preferido é o único deporte que se me da ben é o baloncesto.

Adicácheste algunha vez profesionalmente a este deporte?
Profesional non, semiprofesional na Liga EBA, pero había que viaxar moito e ao final por cuestións persoais deixeino.

Como sabemos que che gusta viaxar, a que lugar que nunca fuches te gustaría viaxar?
Encantaríame Exipto moito.

Como normalmente ves en moto, que moto che gustaría ter?
Gustaríame unha destas moi grandes que teñen maletas e teñen para facer viaxes longos.

Tras as preguntas e antes de despedir o programa, os nenos e nenas de San Amaro prepararon unha sorpresa para Telemiño, un precioso mural que puña "Gracias Telemiño". 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma