XORNAL ESCOLAR

Sorrisos e bágoas

NENOS DOUS_result
photo_camera Os estudantes dícenlle adeus o verán.

O inicio dun novo curso requiere regresar á vida ordenada de horarios, comidas e sono. 

Despois das vacacións, a volta ao colexio supón un forte cambio de ritmo na vida cotiá. Coas mochilas xa cargadas e ganas de descubrir que terá de diferente o novo curso escolar, os estudantes dicen adeus ao verán. As vacacións cédenlle o sitio ás tarefas e rutinas escolares.

O mes de setembro caracterízase fundamentalmente por recuperar a rutina escolar. O inicio dun novo curso requiere regresar á vida ordenada de horarios, comidas e sono. 

Moitos sorrisos e algunha bágoa, dos que comezan por primeira vez o colexio, marcaron o inicio do curso escolar 2015-2016. Ilusión e moitos nervios os primeiros días de clase.

Todos os centros educativos volven a ter vida. O curso lectivo, para os escolares de Infantil e Primaria dos 114 centros educativos da provincia de Ourense, xa está en marcha dende o pasado xoves, 10 de setembro e os alumnos da ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de réxime especial fixérono onte mesmo.

O inicio do curso escolar é unha xornada marcada pola ilusión e nervios dos primeiros días de colexio despois das merecidas vacacións de verán. Xa se encheron as aulas que quedaron baleiras en xuño, todos os estudantes de Ourense xa ocupan os seus pupitres.

Os nove meses de aprendizaxe comezaron cunha xornada festiva como podemos ver a continuación donde a ilusión é unha constante en todos os centros de Infantil e Primaria da provincia de Ourense.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?