COLE A COLE

Traballo por proxectos

OURENSE. 02/02/2018 CEIP Mende. Especial Xornal Escolar. Educacion Infantil Foto: Miguel Angel
photo_camera Os alumnos do CPI plurilingüe José García de Mende.

No CPI plurilingüe José García García establecese este xeito de traballar na aula como algo habitual na dinámica do centro e permanentemente, 
o alumnado, en grupos, profundiza en diferentes temáticas

Enmarcado nun entorno natural, alonxado do estrondo da cidade e a carón da renovada senda e área recreativa do río Lonia, está situado o CPI Plurilingüe José García García.

A oferta educativa do centro prolóngase dende Infantil ata a ESO o que, en moitos dos casos e ao permanecer o alumnado moito tempo no centro, permite un coñecemento exhaustivo dos escolares e unha perfecta coordinación entre o profesorado de cara a unha personalización moi alta no itinerario educativo de cada alumno e alumna.

O proceso de ensino- aprendizaxe de calidade é posible neste centro de ensino de Mende, en boa parte gracias á reforma integral das instalacións, o pintado de aulas e muros para facer máis acolledores os espazos e a dotación de ordenadores e pizarras dixitais en todas as aulas. 

Facilitar a conciliación familiar é outra das prioridades neste colexio ourensán xa que poñen á disposición do alumnado os servizos de transporte escolar e comedor, con cociña propia. 

As actividades da ANPA, promovendo a colaboración das familias nas actividades organizadas, premite que toda a comunidade educativa actúe na mesma dirección para mellorar a formación dos estudantes, algo sen dúbida de vital importancia.

Proxectos

O CPI Plurilingüe José García García de Mende está inmerso en numerosos proxectos e, dende hai varios anos, traballa no Club de Lectura, no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e Biblitecas Inclusivas, no Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros, no Plan de Mobilidade Sostible e Segura ou no Plan de atención á diversidade.

Ademais de todos estes proxectos, este curso introduciron algúns novos e ampliaron outros moitos. Así aumentaron a sección bilingüe de 2º e 3º de ESO. Tamén está moi activo o Plan de Mediación, que abarca a alumnado, profesorado e familias.

Por último, é preciso destacar un proxecto tan importante como é o Plan de Mellora dos hábitos saudables do alumnado, con reparto de froita nos recreos, obradoiros e unha asignatura na ESO sobre este tema.

Todos os proxectos son moi importantes, pero posiblemente o máis salientable é o establecemento do traballo por proxectos como algo habitual na dinámica do centro.

Así, de xeito permanente pódese ver traballos en grupo de diferentes temáticas, normalmente interdisciplinares, que poden abarcar a promoción deportiva, a creación artística, a investigación científica, etcétera.

Este tipo de traballos en grupo permiten incrementar os coñecementos adquiridos por enriba dos tradicionais das materias propias de cada curso, sen esquecernos do factor motivación, xa que o alumnado está más activo e encantados coas propostas que lles suxiren.  

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?