XORNAL ESCOLAR

Traballo en proxexctos nun espazo singular

photo_camera Colexio de Punxín.

No colexio de punxín cada neno estuda ao nivel que lle permite a súa capacidade intelectual e evolutiva

Non hai dúbida de que o CEIP de Punxín é un centro singular e esta característica no só é froito do edificio no que se ubica, unha escola fundada por emigrantes, doada pola muller de Benigno Quiroga Fernández e inaugurada no ano 1923, senón tamén por unha liña de traballo que se basa en proxectos.

Estades ubicados nun espazo privilexiado, fala vostede de estar nunha parte da historia.

De feito que sí. Este singular edificio conta con dúas plantas e un importante xardín onde realizamos múltiples actividades durante o curso e onde se pode gozar de fantásticos magnolios, camelias, en definitiva, unha auténtica beleza. Esta escola da emigración é das poucas que queda en Galicia, aquí en Punxín está destinada como centro de ensino, pero tamén acolle actividades organizada polo Concello para os veciños, como por exemplo manualidades.

Aínda que estes últimos cursos incrementouse o alumnado, sodes poucos no centro e traballades por proxectos, en que consiste?

Algo que diferencia a este centro doutros é a relación tan cercana que temos coas familias, esto en parte é gracias ao reducido número de alumnos, pero ademais os pais están moi integrados no centro e participan en todo, hai moi boa relación e esto marca a nosa liña de traballo. Os escolares sepáranse por cursos para materias como matemáticas ou lingua, pero no resto das asignaturas traballan os mesmos contidos que se van adaptando según as idades.

Pero esta non é a única diferencia.

Non. Outra é que saímos moito ao exterior e estudiamos os contidos, na medida do posible, “in situ”. Por exemplo o outro día trouxemos un sapo á escola e estudiamos como se alimentan, estudiámolo en profundidade utilizando libros como soporte e chegamos a unha serie de conclusións, razoando entre todos. Despois levámolo ao río e o deixamos vivir no seu habitat, en liberdade.

O contacto coa natureza marca o voso día a día...

Sí. O contacto coa natureza é contínuo, estudiamos os froitos do outono entre todos e chegamos a unha serie de conclusións unha vez recorridos varios puntos do entorno do centro. Esto é moi positivo.

Vostede é unha profesoras que cree na experimentación e o leva á practica, non sí?

De feito que sí, aposto pola experimentación e polo traballo global. Traballamos sobre temas concretos asignados polo temario, pero con múltiples actividades paralelas e dun xeito práctico e implicando aos pais que son marabillosos.

En que outras propostas participan os pais?

En todo. Están sempre ahí para colaborar en todo o que organizamos. Veñen ás festas do magosto, de Nadal cando facemos un festival e mesmo un día ao ano a comer, xa que é o día no que os seus fillos lles preparan o xantar. Ademais, todos os meses facemos algunha excursión todos xuntos. 

Todo esto parece moi positivo, pero ten algún inconvinte un centro así?

Claro que ten. Temos a mesma dotación económica de hai vinte anos, 1.200 euros para todo o curso. É unha cantidade mínima asignada e hai anos con más gastos que resulta insuficiente. A nosa sorte é contar co apoio do Concello de Punxín para poder traballar sempre con normalidade.

Que novidades tendes este curso?

Temos un profesor máis que o ano pasado, de Música, esto permite unha maior calidade do ensino e optar a momentos de desdobre que son necesarios. Temos outros profesores específicos como é a profesora de Relixión, a de Inglés e a de Educación Física. Veñen todos unha vez á semana, cada un ten asignado un día, a excepción da de Relixión que ven medio día. Aproveito para facer desdobres e impartir as partes específicas e reforzar as áreas instrumentais.

Está todo moi ben organizado no centro e o que é máis importante, os grandes beneficiarios son os escolares.

Creemos que sí e por eso traballamos así. Creemos que cada neno debe traballar e estudar no nivel que lle permite a súa capacidade intelectual e evolutiva e que esto non o marque a súa idade ou o curso que lle corresponde.

PROFESORES DO CENTRO

Pura Álvarez Álvarez, a responsable do centro

Traballa no CEIP de Punxín dende hai sete anos. Cree na experimentación e no traballo global. Realiza unha magnífica labor para que os seus alumnos aprendan experimentando e sen límites, soamente os que lles marquen as súas capacidades. 

IMG-20151008-WA0002_result

Carlos Gulías Carrilo, especialista en Música

É o primeiro ano que está no centro impartindo clases de música a todo o alumnado. Carlos encárgase así da área de Educación Artística coa que os nenos e nenas do centro están encantados. Imparte as súas clases todos os mércores.

IMG-20151008-WA0001_resultMaría Teresa Rodríguez Vázquez, Educación Física

Cada luns acode ao CEIP de Punxín para impartir a todo o alumnado as clases de  Educación Física. É o primeiro ano que da clases neste centro de ensino e combina esta tarefa coas clases que imparte no CRA Amencer de Ribadavia.

IMG-20151008-WA0000_result

María Tersa Sotelo Vázquez, Relixión

Os venres son días de relixión no CEIP de Punxín xa que é o día no que María Teresa acode ao centro para ensinarlles esta materia a todos os alumnos do centro.

Milagros Chao Castro, mestra de Inglés

É a “teacher” do centro. Encárgase de amosarlles un idioma tan importante como é o inglés a todos os alumnos do centro. Imparte as súas clases todos os xoves.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar