LA PRESENTACIÓN

Un partido polo planeta

Escolares de Franciscanas
photo_camera Escolares de Franciscanas

O xogo xigante de Sogamaa regresa ás aulas co obxectivo de poñer a proba, dunha forma lúdica e divertida, os coñecementos adquiridos polos pequenos na xestión sostible de residuos urbanos

A Sociedade Galega do Medioambiente, Sogama, segue a apostar pola formación medioambiental dos escolares desde idades temperás. Para elo levan a cabo numerosas accións pensadas na formación e concienciación dos máis novos da casa en temas relacionados co coidado do entorno. Un dos programas que repite e que conta con moi boa aceptación por parte dos escolares destinatarios é "Recíclate con Sogama" e concretamente o xogo xigante "Un partido polo planeta", que regresou este curso ás aulas.

O obxectivo desta proposta na que participarán 25 centros educativos de Educación Primaria de toda a comunidade autónoma é poñer a proba, dunha forma lúdica e divertida, os coñecementos adquiridos polos pequenos na xestión sostible de residuos urbanos e instaurar a recollida selectiva de residuos nos colexios.

Cada un dos colexios que está a participar neste xogo educativo recibiu medios materiais e didácticos, entre os que se podería mencionar as illas de reciclaxe, conformadas por tres contenedores de 120 litros cada un para separar as distinstas fraccións de refugallo, así como composteiros para materia orgánica e diversos recursos divulgativos (carteis, guías, vídeos, etcétera).


DINÁMICA


Coa finalidade de atender a todos os centros interesados en participar nesta iniciativa, ata o mes de xuño circularán polos mesmos tres réplicas dos xogos, cuxo taboleiro reproduce un campo de fútbol polo que os xogadores deben moverse e avanzar cara á portería contraria co propósito de marcar gol.

Para isto teñen que superar unha serie de probas que estarán vinculadas á xestión sostible dos residuos e que servirán incluso para avaliar as destrezas dos pequenos nas boas prácticas relacionadas cos tres erres, reducción en orixe, reutilización ou máximo aproveitamento e reciclado, isto é a correcta separación de materiais por tipoloxías e posterior depósito dos mesmos en contenedores axeitados.


Este curso, 25 colexios galegos sumáronse á actividade educativa de Sogama


O xogo comeza cando os 25 centros adscritos a Recíclate con Sogama reciben as charlas formativas presenciais impartidas por educadores de Sogama, os cales se encargan de efectuar visitas periódicas de seguimento para tomar nota dos proxectos realizados polas escolas e correxir, en caso necesario, posibles erros.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante