O meu cole chámase...

Valle-Inclán

Figura clave

xornalescolar_0405_valle-inclan_03

Nacido en Vilanova de Arousa, en 1866, Ramón María del Valle-Inclán é un dos escritores máis importantes da literatura española, converténdose nunha figura clave do século XX dentro da corrente do modernismo. Aínda que estudou Dereito en Santiago de Compostela -se ben non os rematou-, a súa vida estivo sempre ligada ó mundo do xornalismo. Unha viaxe a México como corresponsal marcou o inicio da súa vida profesional, que continuou en Madrid e rematou en Santiago en 1936.

Esperpento

xornalescolar_0405_valle-inclan_02

“Luces de bohemia” é o título da obra máis importante de Valle-Inclán. Este título, publicado en 1920, constituíu a creación dun novo xénero teatral, o “esperpento”, que o propio autor considerou como “un xeito de ver o mundo”. Foron catro os libros que o galego publicou dentro deste xénero, que se caracteriza por unha deformaicón da realidade, un espello social, unha crítica para reflexionar sobre a vida, do xeito que fan os xogos dos espellos nos que está baseado.

Presencia escolar

xornalescolar_0405_valle-inclan_01

Valle-Inclán foi tamén profesor de Belas Artes e a súa figura é unha das máis lembradas na nomenclatura escolar de Galicia. O Grove, Vigo, Pontevedra e Ferrol son algúns dos lugares con centros educativos que levan o seu nome. Na provincia de Ourense tamén temos dous: un na cidade que imparte estudos de Formación Profesional e tamén o colexio de Educación Infantil e Primaria de Muíños. Ademáis, unhas das arterias principais do centro de Ourense tamén o lembra. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar