O meu cole chámase...

Vicente Risco

Imprescindible da Xeración Nós

xornalescolar_0806_risco_03

Entre os anos 1884 e 1963 foi cando viviu Vicente Martínez Risco e Agüero, que pasou á historia de Galicia simplemente ocmo Vicente Risco. É un dos grandes teóricos do nacionalismo galego e, xunto con Ramón Otero Pedrayo, do que foi amigo dende a infancia por teren nacido na ourensá Rúa da Paz, foi un dos fundadores da Revista Nós.  Adicou a súa vida ó galeguismo e á lingua galega, tanto dende Ourense como nas estadías en Madrid ou Pamplona. Adicóuselle o Día das Letras Galegas en 1981.

Prolífico escritor e pensador

xornalescolar_0806_risco_02

Filosofía e política foron as grandes protagonistas da fructífera producción literaria de Vicente Risco. “Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros” é o título do seu primeiro relato literario. Salientada foi tamén toda a sátira que fixo sobre diferentes personaxes ourensás en “Os europeos en Abrentes” ou contra a política da época en “O porco de pé”, a súa obra máis famosa. Tamén se adentrou na traducción con “A familia de Pascual Duarte” de Camilo José Cela e no teatro con “O bufón de El-Rei”. 

Dous colexios en Galicia

xornalescolar_0806_risco_01

A figura de Vicente Risco continúa moi presente na cultura galega, tanto a través da Fundación que leva o seu nome e que organiza dende Allariz numerosas actividades culturais ó longo do ano, como nas rúas e prazas que a sociedade lle ten adicadas en toda a provincia de Ourense. A nivel educativo, son dous os centros que lle renden homenaxe durante todo o curso. Ámbolos dous son de Educación Infantil e Primaria e están situados en Vigo e na localidade ourensá de Cualedro. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?