Visitas guiadas á Biblioteca de Ourense

biblio_result
photo_camera Imaxe dun dos espazos da Biblioteca Pública de Ourense.

Ata o 15 de xaneiro o público infantil e adulto contarán con actividades programadas 

Con motivo do Día do Usuario/a das Bibliotecas, celebrado este pasado luns, 11 de xaneiro, as bibliotecas centrais territoriais das cidades galegas organizan diversas iniciativas dirixidas a todos os públicos para promover a celebración desta data. Entre as actividades organizadas destacan as visitas guiadas para coñecer os servizos que ofrece cada centro. Así tamén, contan cunha serie de obradoiros, mostras, recoñecementos para os lectores máis activos e tamén houbo agasallos para as persoas que se achegaron o luns ás bibliotecas. Estas propostas centran os actos conmemorativos nos centros que xestiona a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

Co gallo desta programación, ata o este vindeiro 15 de xaneiro haberá visitas guiadas á biblioteca ás 10.00 e ás 16.00 horas co obxectivo de dar a coñecer os servizos que ofrece o centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?