O meu cole chámase...

Xesús Taboada Chivite

Lingua e terra

xornalescolar_0106_taboada_01

Arqueólogo, etnógrafo, historiador e mestre de galego. A vida de Xesús Taboada Chivite comezou en setembro de 1907 en Verín e alí faleceu en novembro de 1976. Nos seus case 70 anos, exerceu como técnico do Centro de Telégrafos de Ourense, cidade na que estableceu contacto cos intelectuais da época e da Xeración Nós. Trala Guerra Civil centrou a súa carreira na docencia na súa vila natal facendo investigacións sobre o patrimonio histórico, arqueolóxico e etnográfico da zona de Monterrei. Retomou a telegrafía no ano 1941 en Verín. 

Etnografía e arqueoloxía

Taboada Chivite ingresou na Real Academia Galega en 1965 co discurso “O culto das pedras no noroeste” e foi vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. A súa obra investigadora está moi influenciada polo legado de Florentino Cuevillas. A arqueoloxía e a prehistoria foron os campos nos que se especializou dentro do Instituto de Estudos Galegos. Boa parte da súa vida adicoulla a salvagardar o patrimonio artístico e arqueolóxico de Galicia e os seus traballos, ademais de na súa terra, tamén lle outorgaron importante prestixio en Portugal.

Moi presente na comarca

xornalescolar_0106_taboada_03

A figura de Xeús Taboada Chivite está moi presente na súa comarca de orixe. Alí, ademais de darlle nome a un dos institutos da capital verinense, tamén se lle rende homenaxe cun premio anual co que a mancomunidade comarcal promove traballos de investigación científica nos ámbitos da arqueoloxía, a antropoloxía e a historia. Deste xeito, lembran a un dos seus personaxes ilustres que adicou a súa vida á investigación da cultura galega. O seu fillo, Manuel Taboada Cid, tamén foi un destacado filólogo galego con obras de investigación lingüística.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar