"Zorelle en Abierto" recolle as principais novas do colexio

O alumnado de segundo de Primaria realizou un gran traballo coordinado por Tamara Silva

Os escolares de 2º de Primaria do colexio Padre Feijoo Zorelle alzáronse co primeiro premio da súa categoría. Con moita ledicia e agradecidos, así recibiron a nova os premiados, tanto o alumnado como a súa mestra Tamara Silva. Ademais, aseguran que se divertiron moito realizando esta actividade coa que aprenderon moito. 

Para comezar a elaborar o seu traballo comezaron realizando entrevistas aos profesores do colexio para que lles explicaran os proxectos e as novas do centro. Despois, coa axuda da profesora que dirixiu o traballo, escolleron as fotografías, pegáronnas en cartulinas como se fose un xornal e despois escribiron debaixo as noticias. Entre todos escolleron o nome do xornal, "Zorelle en Abierto".

Entre as novas que recopilaron para elaborar o seu xornal, os escolares destacaron unha que fai referencia ao profesor de Educación Física dos maiores do centro, que é subcampión do mundo de jiujitsu e varias veces entrevistado no xornal La Región.
En conclusión, a experiencia resultoulles estupenda e aseguran que unha das cousas máis divertidas foi entrevistar aos mestres do centro e despois elaborar o que sería o seu propio xornal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?