Cartas al director

Redución de frecuencias na estación de A Gudiña

Dende a posta en servicio da liña de alta velocidade en decembro de 2021, a estación de A Gudiña–Porta de Galicia quedara excluida do servicio de AVE, e solamente paraban nela os Alvia. As frecuencias non eran ideais pero dispoñiamos de 4 frecuencias por sentido entre semana (08:01, 10:34, 13:43 e 19:28 cara Madrid e 08:44, 15:37, 20:05 e 21:22 cara Ourense), e algunhas menos as fins de semana…

Ca entrada en funcionamento dos trens Avril, desaparecen os trens Alvia, e as frecuencias planificadas vense reducidas a dúas/tres según o sentido (9:13 e 19:28 cara Madrid 10:12, 20:05 e 21:09 cara Ourense)...

Á vista dos horarios, parece que se deseñasen sen ter presentes as necesidades dos usuarios locais... Non son adecuados para ir a traballar (a primeira chegada a Ourense é ás 11:02 e a Madrid, ás 11:34), nin para ir ó médico/especialista a Ourense (suporía botar o día en Ourense), e de igual forma no referente a coller un voo... xa sexa en Santiago, Coruña, Vigo ou Madrid...

Outra cousa son os precios... desde a posta en marcha do sistema de precios “variables” os billetes aumentaron de forma importante. Resulta complicado encontrar billetes por debaixo dos 60 euros a Madrid e por debaixo dos 30 a Ourense, aínda reservando con tempo. Dado que todos os trens pasan pola estación, é imperativo que Renfe faga unha replanificación para conseguir un incremento no número de trens que realizan parada na estación da Gudiña, para ofrecer polo menos 4 frecuencias por sentido, que permitan chegar a Ourense e a Madrid a primeira hora da mañá e a primeira hora da tarde, e que permitan regresar desde Ourense ó final da mañá.

Por outra parte, o precio dos traxectos con Ourense ten que ser razoable para que permita o uso do tren de forma puntual ou recurrente para chegar á capital da provincia.

De esta forma o tren poderá ser de utilidade, ademais de para o turismo, para ir a traballar, ó médico, a facer xestións etc e prestará un servicio ós residentes.