Cartas al director

Que pena de políticos

É moi triste mirar para o noso Ourense. Si, meus amigos, miras e ves uns políticos que so pensan neles, no poder, se cadra nas comisios que lles caerán, nada de pensar no cidadán, ese da o mismo. Non se pensa que si alguén ten que ir as 6 da maña para o polígono a traballar, e non existe un autobús, nin ningún medio de transporte publico; non pensan que se aproban o  PXOM crearíase emprego; non pensan que temos os soldos mais pequenos non so de Galiza senón de España; non pensan que tamén iso conleva as pensións  máis pequenas. Iso trae pobreza á nosa provincia. E catro mequetrefes a pensar  nesa estación do tren e catro tonterías. Que se baixen da nube  e miren a realidade. Ou son cegos ou parvos. Deben poñerse a traballar para ter uns transportes acordes cos horarios dos nosos polígonos, uns soldos para poder chegar a fin de mes e unhas pensios dignas para que aos nosos maiores non lles falte de nada, así como unhas revisións a esas axudas que se lle están a prestar a moitos por parte dos servicios sociais que en moitos casos non se merecen ou non teñen dereito, mentres a outros que o teñen non se lle dan.