O CARBALLIÑO

O Concello do Irixo reduce o coste e bonifica o IBI agrícola

"De cada mil euros, o propietario terá que abonar 50 euros", apunta o alcalde, Manuel Penedo.

O Concello do Irixo aplicará unha bonificación do 95% ao IBI (Imposto de Bens Inmobles) das instalacións de uso agrícola como palleiros ou cortellos. O grupo de goberno popular prevé aprobar unha nova ordenanza para regular o cobro do IBI a raíz da actualización do valor das propiedades que realizou o Ministerio de Hacienda a través da Dirección General del Catastro. "De tal maneira que cada 1.000 euros, o propietario só terá que abonar 50 euros", apunta o alcalde do Irixo, Manuel Penedo.

A esta bonificación do 95% do imposto, engadirá o Concello unha reducción da tasa, de tal maneira que eses 50 euros anuais aos que se refire o rexi- dor, quedarán reducidos a tan só 1,50 euros ó ano.

"Aplicamos o mínimo, porque durante moitos anos O Irixo figura nas estadísticas como un dos concellos de menor presión fiscal de Galicia, e queremos que siga sendo así", puntualizou Penedo.

A ordenanza será aprobada nunha sesión de pleno prevista para esta semana. 

Te puede interesar