entrevista

“Intento sempre darlle o meu toque persoal e descubrir onde non hai luz a pouca que queda"

O fotógrafo Carlos Teijeiro.
photo_camera O fotógrafo Carlos Teijeiro.
O fotógrafo Carlos Teijeiro presenta en Celanova a súa obra Esquecementos

O fotógrafo Carlos Teijeiro volverá a presentar a súa obra Esquecementos na vila de San Rosendo. Xa neste verán estivo exposta na Sala dos Arcos do concello ata mediados de agosto. Nesta ocasión, a obra fotográfica presentaráse na Casa dos Poetas, dende hoxe ata o 31 de decembro. O obxectivo da mostra é ensinar unha situación moi reiterada no rural, o seu despoboamento.

Cando comezou a interesarse polo mundo da fotografía?

Levo coa fotografía analóxica uns 30 anos, o que pasa é que como estiven traballando non tiña moito tempo para dedicarlle á experiencia. Despois veu a era dixital, que eu reoñezo que non me acaba de convencer, eu prefería seguir traballando coas tradicionais películas en branco e negro. Xa fai uns dez anos deixei de traballar e entón volvín a sacar todos os trastos que tiña da fotografía analóxica, do laboratorio e de todo o que é o material para fotografía de película de toda a vida. Agora teño máis tempo e estou metido en varios proxectos.

Fala de traballo, a que se adicou durante todos eses anos?

Fun militar na rama de enfermería, dentro de sanidade. Estiven traballando na Casa Real e logo nun hospital, onde estiven os últimos 15 anos. Durante ese tempo, fun a Albania a cubrir o conflicto bélico e estiven catro meses nun campo de refuxiados xunto con tres mil ou catro mil familias refuxiadas. Alí tamén fixen un traballo fotográfico, do cal aínda conservo moitas fotografías e do que me sinto orgulloso.

De que trata o seu proxecto Esquecementos?

Levo oito anos preparando esta exposición fotografiando pueblos e casas abandonadas da zona de Ramirás. Esquecementos son 64 pezas en branco e negro, que recollen todo o relacionado coa inmigración e o despoboamento do rural, da España vaciada e, neste caso, da Galicia vaciada. 

Ten algún futuro proxecto en mente?

Si. Teño pensado facer algo sobre as mariscadoras das Rías Baixas. Tamén quero facer para o verán que vén un traballo sobre a vida de Celanova e das súas xentes, especialmente a vida da vila no día da feira, o xoves.

Que é para vostede a fotografía?

En primeiro lugar é un hobbie, unha paixón. Intento sempre darlle o meu toque persoal e descubrir onde non hai luz, a pouca que pode haber. Cando atopo a mellor luz, fago a mellor poesía, porque moitas veces dunha zona oscura sempre podes sacar algo de luz. Sempre intento sacar esa pequena luz e traballar con ela. Ademais, ao realizar retratos e fotografías da vida cotidiana, podes plasmar o que ves e que eses instantes que captas non se perdan, que queden aí reflexados para sempre.

Te puede interesar