Durante os meses de xullo e agosto, os reporteiros tiveron que recoller unha peza do xornal de cada semana, como mínimo, para despois recortalas e comentalas na súa obra xornalística
Os máis pequenos gozan aínda das súas merecidas vacacións, nas que se poden adicar a probar novas actividades, ademais de descansar, ir á piscina ou xogar cos amigos.
Este verán, o Xornal Escolar propónlles aos rapaces unha divertida misión: convertirse en xornalistas e redactar e adornar o seu propio diario.
Así, durante os meses de xullo e agosto, os reporteiros tiveron que recoller unha peza do xornal de cada semana, como mínimo, para despois recortalas e comentalas na súa obra xornalística.
O resultado deben ser oito páxinas que presenten as informacións e a opinión do rapaz de cada un dos artigos. Sen dúbida, un traballo creativo que merece un premio ao esforzo persoal.
É por iso que La Región escollerá os dous mellores xornais entre todos os participantes, un da categoría infantil (estudiantes de Educación Primaria), e outro da de secundaria (estudiantes da ESO). Como regalo, os gañadores e as súas familias poderán viaxar a Disneyland París, onde terán a oportunidade de coñecer aos personaxes máis coñecidos da factoría Disney, así como probar as diversas e espectaculares atraccións do parque temático máis coñecido de Europa.
Aínda hai tempo
Os compañeiros do Xornal de Verán saben que en vacacións é moi común ter un pouco de preguiza, polo que a aula da Natureza de Oira acollerá este venres un obradoiro a partir das 10,30 horas adicado a realizar o exemplar. Todos os rapaces que queiran poden asistir á actividade, onde se lles comentarán as bases do concurso e se lles facilitará todo tipo de material para a construción do diario. Unha proposta lúdica moi colorida.