Imprimir

Milladoiro volverá este sábado á Insua dos Poetas

La Región | 25 de noviembre de 2020

O evento conta co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Deputación provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.

A Fundación Ínsua dos Poetas, en A Esgueva de Carballiño, organiza un concerto do grupo Milladoiro, que terá lugar este próximo 28 de novembro, ás 17,00 horas, con entrada gratuita ata completar o aforo, que é de 150 persoas, por tratarse dun evento ao aire libre, que se desenvolverá con tódalas medidas de seguridade.

O evento conta co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Deputación provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.

Trátase dun concerto enmarcado na xira do grupo polo seu 40 aniversario, e que visita 11 localidades galegas, xunto con esta da Ínsua dos Poetas, no Carballliño. Así, estará en Mos, Santiago, O Pino, A Estrada, Ames, Tui, Monforte, Portas, Vilanova de Arousa, O Barco e Sobrado dos Monxes.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/milladoiro-volvera-sabado-insua-poetas/20201124220805987476.html


© 2021 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons