Imprimir

O Potiños apraza o obradoiro de fotografía por causa do covid

La Región | 01 de octubre de 2020

A Asociación Fotográfica O Potiños toma a decisión de aprazar para o 2021 o taller de fotografía de Gervasio Sánchez, previsto para os días 16, 17 e 18 de outubro, ante as dificultades para compaxinar as medidas de prevención e seguridade polo coronavirus, así como pola inscrición de participantes, que non resulta idónea para un obradoiro deste nivel. Por este motivo, tamén se suspende a charla que ía a impartir na Casa da Cultura o 16 de outubro sobre o tema "Los ojos de la guerra".

Gervasio Sánchez considera axeitada esta decisión e comprométese para impartir o taller de fotografía na edición do Arenteiro Fotográfico do próximo ano, co mesmo título "La dignidad es lo que importa", se as condicións sanitarias o permiten. O resto do programa mantense na súa totalidade, coas 14 exposicións e o acto inaugural, que terá lugar o 11 de outubro, ás 19,00 horas, no Auditorio Manuel María.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/potinos-apraza-obradoiro-fotografia-causa-do-covid/20200930214649975787.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons