Os escolares participan nunha campaña de sensibilización e realizaron un corazón xigante que decora o colexio
Hai uns días, a Unidade Móbil de Doazón de Sangue situouse nas portas do colexio María Auxiliadora "Salesianos. Esta actividade solidaria é froito da colaboración entre a Unidade de Doazón do Chuo e o centro educativo.
Nestas últimas semanas o colexio promove unha campaña de sensibilización ante as doazóns de sangue, convidando a todos os adultos a que cumpran cos requisitos do doante de sumarse a este xesto solidario.
Outro dos principais obxectivos polos que levan a cabo esta actividade é para concienciar ao alumnado sobre esta realidade. Así tamén organizaron charlas de médicos e a visita de enfermeiras, que pasaron polas aulas do colexio repartindo información ao alumnado máis maior. Por outra bande, a través das titorías e actividades plásticas, os alumnos realizaron un corazón xigante formado por moitos corazonciños pequenos que ocuparon o día das doazóns a fachada do colexio Salesianos, como reclamo para que a cidadanía se animara a doar.